Celanova celebra o 25 aniversario de Celso Emilio Ferreiro enchendo as rúas con poemas do escritor

De Vigo a Celanova con Celso Emilio

A localidade natal de Celso Emilio Ferreiro non vai deixar pasar por alto a efeméride do singular poeta. De feito, a corporación municipal e os membros da asociación que levan o seu nome, alén de asistir ás actividades que terán lugar hoxe en Vigo, organizaron outras actividades en Celanova. En primer lugar, colocarán diante do monumento a Celso Emilio con doce poemas do escritor. E a Fundación Curros entregará o vindeiro domingo o premio "Celanova, casa dos poetas" ao artista Acisclo Manzano, nun día no que haberá tamén unha ofrenda floral, un recital poético e un xantar literario.

Máis información sobre os actos en Vigo en culturagalega.org