Celanova acolle o seu I encontro de xornalismo

Curros Enríquez como reporteiro de guerra ou o traballo literario nos medios son algúns dos temas que se tratarán

15/3/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

No marco dos actos do Ano Celso Emilio, Celanova acolle esta fin de semana o I encontro de xornalismo Onde o mundo se chama Celanova. O evento, entre outras cuestións, abordará, a partir do traballo de Curros Enríquez como correspondente de guerra, o xornalismo bélico de hoxe. Tamén se tratará, coa súa figura e coa de Celso Emilio, a literatura no xornalismo actual, da man de Xosé Luís Méndez Ferrín. No evento proxectarase o documental Unha vida, unha obra, un pensamento sobre Celso Emilio Ferreiro.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Celanova, Guerra, Celso Emilio Ferreiro...