María do ceo pon música e voz aos poetas de Celanova

O disco conmemora o centenario do pasamento de Curros Enríquez

| Redacción. MeGA | Seccións: Música
Compartir:

A cantante ourensá de orixe portuguesa María do Ceo chega ao seu décimo disco editado cun traballo que, co gallo do centenario da morte de Curros Enríquez no ano 2008, canta a este e outros poetas das terras de Celanova. O luxoso libro-disco edítase co apoio de numerosas institucións como o Concello de Celanova, a Fundación Curros Enríquez, a Deputación Provincial de Ourense, a Mancomunidade Terra de Celanova, “la Caixa”, o Ministerio de Cultura e a Xunta de Galicia. Os 17 cortes do disco No bico un cantar, gravado e mesturado nos estudios Desfase de Ourense, achegan oito poemas de Curros Enríquez ademais de letras xurdidas dos poemarios de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), Castor Elices (1847-1886), Serafín Marqués, Armando González e Méndez Ferrín, este último ademais asina un prólogo da obra.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Ourense, Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín...