A Fundación Curros Enríquez celebra o centenario do autor cun ambicioso programa

Cen anos Curros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O padroado da Fundación Curros Enríquez acordou onte en Celanova o programa co que quere celebrar o centenario do poeta que lle dá nome. Os primeiros actos terán lugar na Coruña o vindeiro sete de marzo, cunha ofrenda floral e o anuncio do gañador do premio “Celanova, Casa dos Poetas”. Ao longo do ano iranse coñecendo outros eventos, para os que xa anunciaron a súa colaboración institucións coma a Consellaría de Cultura, o Consello da Cultura, as tres universidades ou a Real Academia Galega.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Curros Enríquez, Celanova, Real Academia Galega, A Coruña...