A Fundación Curros Enríquez outorga o premio Casa dos Poetas ao Parlamento

Quere recoñecer "o traballo que está facendo por abrirse ao país"

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O padroado da Fundación Curros Enríquez acordou conceder o sábado conceder o premio Celanova Casa dos Poetas ao Parlamento de Galicia. A Fundación quere destacar "o traballo que o Parlamento está facendo por abrirse ao país, tratando de ter presenza activa en todos os ámbitos sociais, culturais, educativos, co fin de que poida ser sentida como a institución máis representativa da soceidade galega". A entrega do premio realizarase o día 2 de setembro na Casa dos Poetas. A Fundación tamén quere chamar a atención sobre a actividade como cronista parlamentario en Madrid de Curros Enríquez.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Curros Enríquez, Parlamento de Galicia, Celanova, Madrid