
A acta do padroado apunta tamén que "dende a súa condición de creador case autodidacta formado a carón do impulso cultural da factorÃa intelectual dos "Artistiñas" de Vicente Risco, nos anos sesenta, que o conectan directamente coa Xeración Nós (da que estamos celebrando o seu centenario), o traballo de Xosé Cid ten evolucionado dun xeito pausado, reflexionado e a lume lento, como é el, dende aquelas primeiras obras nacidas de mans aprendices de artesán, ata estoutras nas que a iniciática robusteza que bebe das obras de Antón Failde, muda nunha elegancia singular e nunha pureza formal, sexa ou non antropomórfica, que o definen como un artista con personalidade propia no contexto da pléiade de artistas plásticos da súa e de posteriores xeracións da escultura ourensá".
Paz recibirá o seu galardón nun acto que se celebrará o vindeiro 6 de setembro na Casa dos Poetas de Celanova e no que tamén se lembrará a Celso Emilio Ferreiro con motivo do 41 cabodano da súa morte.