António Lourenço Fortes será distinguido co Premio Casa dos Poetas

A Fundación Curros Enríquez entragaralle o galardón en Celanova o sábado 3 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O historiador e etnógrafo portugués António Lourenço Fontes, máis coñecido como Padre Fontes, recollerá o vindeiro sábado 3 de setembro o Premio Celanova Casa dos Poetas. A Fundación Curros Enríquez acordou recoñecer na trixésimo segunda edición do galardón este investigador, "pola súa contribución á divulgación e ó coñecemento da cultura trasmontana, tan identificativa dos pobos das Terras do Barroso e de todo o norte de Portugal, coma destoutros espazos que se enmarcan no triángulo ferriniano que debuxan os vertixes de Montalegre, Celanova e Arcos de Valdevez". O premio inclúe unha medalla de prata deseñada por Acisclo Manzano e mais un diploma realizado por Baldo Ramos.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Celanova, Fundación Curros Enríquez, Baldo Ramos, Acisclo Manzano...