Manuel Buciños é galardoado co XXXIX Premio Celanova Casa dos Poetas

A Fundación Curros Enríquez outorgoulle o seu galardón ao escultor ourensán

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Fundación Curros Enríquez deu a coñecer este 18 de marzo o fallo do XXXIX Premio Celanova Casa dos Poetas. O escultor ourensán Manuel Buciños foi o galardoado co máximo galardón da institución por selección unánime do xurado. Segundo destaca o fallo, Manuel García Vázquez, coñecido artisticamente como "Manuel Buciños", aínda que nado na aldea dese nome na provincia de Lugo "por decisión propia e comprometida é hoxe en día un ourensán máis que ten contribuído a elevar a arte escultórica ourensán ós máis altos niveis de calidade da escultura galega".

O fallo destaca a "súa longuísima traxectoria no cumio principal da arte escultórica galega, como transformador que ten sido das formas lisas e apracibles da madeira, o bronce e a pedra, que se mimetizan subliminalmente coas da nosa propia orografía das nosas serras e das que emerxen figuras que transmiten sensibilidade e harmonía dun xeito tan persoal que resulta imposible admirar algunha das súas obras sen exclamar interiormente: 'Esa é de Buciños!'". A Fundación ademais incorporou o escultor ao seu padroado este ano.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manuel Buciños, Celanova, Fundación Curros Enríquez, Manuel García Vázquez...