
Buciños, de 82 anos, é natural da aldea lucense da que tomou o nome e ten xustamente entre os seus recoñecementos anteriores o Premio Otero Pedrayo da Deputación de Ourense, concedido en 2016. Ourensán de adopción desde hai décadas, pertenceu ao grupo de artistas que frecuentaron o trato de Otero Pedrayo e Vicente Risco e que incluÃa a Xaime Quessada, Xosé LuÃs de Dios, Acisclo Manzano, Xavier Pousa e Arturo Baltar. Segundo apuntan desde a fundación Buciños, "é sen dúbida, un dos escultores referenciais do paÃs". Os seus bronces de variado formato adornan multitude de coleccións e espazos públicos de Galicia e fóra. O Centro Cultural Marcos Valcárcel, de Ourense acolle unha exposición con 60 pezas súas estreada pouco ante do comezo do Estado de Alarma. O pasado ano este premio da Fundación Otero Pedrayo recaeu na desaparecida poeta Luz Pozo Garza.





