Agustín Fernández Paz leva o Premio Trasalba

Recibirá o galardón da Fundación Otero Pedrayo o vindeiro 29 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Agustín Fernández Paz leva o Premio Trasalba

A xunta de goberno da Fundación Otero Pedrayo acordou outorgarlle o seu Premio Trasalba deste ano ao escritor Agustín Fernández Paz. A entidade recoñece así na edición número 32 dos seus galardóns o traballo do autor "no eido da literatura dirixida aos lectores máis novos" así como "o seu compromiso coa lingua e os movementos de renovación pedagóxica que empezaron a desenvolverse a partir dos anos 80". Fernández Paz recibirá o galardón na casa museo de Ramón Otero Pedrayo o vindeiro 29 de xuño, nun acto no que tamén se presentará un libro homenaxe sobre a súa vida e obra realizado para a ocasión.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Agustín Fernández Paz, Trasalba, Ramón Otero Pedrayo, Literatura...