Carlos Baliñas recibirá o Premio Trasalba

A Fundación Otero Pedrayo homenaxea así o filósofo e mestre

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Xunta de Goberno da Fundación Otero Pedrayo facía pública onte a concesión do Premio Trasalba de 2017. O filósofo, profesor e investigador Carlos A. Baliñas, antigo alumno e amigo do propio Otero, foi escolleito por unanimidade como merecente deste galardón. Co mesmo, a Fundación recoñece "a entrega á causa oteriana deste intelectual que preparou en vida do escritor unha escolma dos Parladoiros, os populares artigos xornalísticos de Otero Pedrayo, supervisada polo propio patriarca das Letras Galegas". O premio busca "recoñecer a vinculación directa do premiado coa figura e os ideais de don Ramón e ao mesmo tempo, poñer en valor a valía do propio homenaxeado, personaxe referente da cultura galega". O premio entregarase o último domingo de xuño na Casa Grande de Cima de Vila.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Ramón Otero Pedrayo, Fundación Ramón Otero Pedrayo

Claves

Protagonistas
Lugares