A Fundación Otero Pedrayo recoñece a Camilo Nogueira co Premio Trasalba

O galardón entregarase o vindeiro 26 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A Fundación Otero Pedrayo recoñece a Camilo Nogueira co Premio Trasalba

Economista, enxeñeiro, ensaísta e político. Así define a Fundación Otero Pedrayo a Camilo Nogueira, a quen acaba de conceder o seu Premio Traslaba. Co galardón, que recoñece anualmwente a unha personalidade destacada no galeguismo, a entidade valora "toda unha vida entregada á causa de Galicia, da súa identidade nacional e cultural, salientando de xeito especial a vocación e compromiso europeísta de Camilo Nogueira, na mellor tradición dos homes da xeración Nós e, máis en concreto, de Ramón Otero Pedrayo". O premio entregarase o vindeiro 26 de xuño, cunha laudatio a cargo de Suso de Toro e a publicación dun libro-homenaxe ao premiado.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Camilo Nogueira, Trasalba, Ramón Otero Pedrayo, Suso de Toro...