Xosé Ramón Barreiro leva o Premio Trasalba 2010

O galardón entregaráselle o vindeiro 27 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Otero Pedrayo anunciou hoxe que o historiador Xosé Ramón Barreiro foi galardoado co Premio Trasalba 2010. A entidade valora a traxectoria do ex-presidente da Academia como renovador da historiografía galega e mais o seu traballo "na liña histórica que representa a memoria de Otero Pedrayo e a Xeración Nós". Barreiro recollerá o galardón o vindeiro 27 de xuño.

Que che parece esta nova?
64 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Ramón Barreiro, Trasalba, Xeración Nós, Ramón Otero Pedrayo...