Premio Trasalba para a Editorial Galaxia

A Fundación Ramón Otero Pedrayo concedeulle o seu galardón do 2025

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O padroado da Fundación Otero Pedrayo acordou outorgar o Premio Trasalba 2025 á Editorial Galaxia, que celebrará o próximo ano o 75 aniversario da súa fundación. Con este galardón, desde a fundación recoñécese nesta empresa "a promoción da cultura e da lingua galega, así como o papel que desenvolveu a Editorial Galaxia no renacer cultural e lingüístico de Galicia desde a súa creación en tempos difíciles ata o momento actual". Por suposto, o premio tamén recoñece o traballo e o esforzo ao longo destes anos por difundir, publicar e dar a coñecer a obra e a persoa de Ramón Otero Pedrayo.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editorial Galaxia, Trasalba, Ramón Otero Pedrayo, Fundación Ramón Otero Pedrayo...