A Fundación Otero Pedrayo daba a coñecer este 30 de abril o fallo do Premio Trasalba, que a entidade outorga anualmente a referentes da cultura do paÃs. A historiadora da arte MarÃa Victoria Carballo-Calero Ramos foi a escolleita en recoñecemento ao traballo da súa vida. Segundo explicou Eduardo López Pereira, que acaba de ser electo presidente da fundación, a homenaxeada "era a persoa idónea neste ano no que a cultura ten nome de muller, é unha digna representante do que é Don Ramón, dende pequena ligada á cultura". Carballo-Calero fai parte do padroado da entidade desde hai 25 anos "e leva anos expandindo a memoria de Don Ramón".
A homenaxeada é catedrática emérita da Universidade de Vigo e membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da de San Fernando (Madrid) e da de Santa Isabel de HungrÃa (Sevilla), ademais de vogal do Centro Galego de Arte Contemporánea. Ten desenvolvido diferentes estudos sobre a ilustración galega no comezo do século XX, Castelao ou a Revista Nós. Desde a súa infancia coñeceu a Otero Pedrayo da man do seu propio pai, Ricardo Carballo Calero. A entrega do galardón está previsto que se celebre, como é tradicional, nun acto literario que se desenvolverá no vindeiro 27 de xuño no Pazo de Trasalba.