Eduardo López Pereira novo presidente da Fundación Otero Pedrayo

Impúxose nas votacións a Afonso Vázquez Monxardin, que deixa tamén o cargo de secretario

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Pazo de Trasalba. Sede da Fundación Ramón Otero Pedrayo

Pazo de Trasalba. Sede da Fundación Ramón Otero Pedrayo

A Fundación Ramón Otero Pedrayo celebrou onte, 25 de abril unha reunión plenaria na que foi elexido novo presidente da entidade Eduardo López Pereira (Trasalba, 1945), Catedrático de Latín da Universidade da Coruña, sucedendo no cargo a Juan Luís Saco. A candidatura de López Pereira obtivo 24 votos dos 31 contabilizados, mentres que o outro candidato, o secretario da Comisión de Goberno saínte, Afonso Vázquez Monxardin, obtivo catro votos. Como derradeira actividade da executiva saínte, entregouse o premio Trasalba 2020 ao escultor Manuel Buciños.

J. Eduardo López Pereira, naceu en Trasalba, a 200 metros da casa do Patriarca das letras galegas, e compartiu con Otero Pedrayo moitos anos e moitas horas de conversa pola estrada de Trasalba e na propia casa de Don Ramón. En declaracións ao xornal La Región, o novo presidente da Fundación amosou a súa ilusión porque Ramón Otero Pedrayo sexa declarado Ben de Interese Cultural así como a súa intención de elaborar un regulamento interno da entidade. É licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Salamanca, doutor en Filoloxía Latina pola Universidade de Santiago e Catedrático de Latín da Universidade da Coruña, desempeñou o posto de director xeral de universidades da Xunta de Galicia durante oito anos e, na actualidade, ocupa a dirección da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Trasalba, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Buciños, Universidade da Coruña...