Juan Luís Saco é o novo presidente da Fundación Otero Pedrayo

O latinista substitúe a Víctor F. Freixanes á fronte da entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Juan Luís Saco. Fotografía da Fundación Otero Pedrayo

Juan Luís Saco. Fotografía da Fundación Otero Pedrayo

O Padroado da Fundación Otero Pedrayo escolleu o pasado sábado 22 de abril a Juan Luís Saco como novo presidente desta entidade. Saco, orixinario de Ourense e catedrático de Latín, facía xa parte da executiva da institución e estivo vencellado desde a súa infancia á figura de Otero como o seu alumno no bacharelato e na universidade. O novo presidente substitúe a Victor F. Freixanes, a quen o padroado acordou nomear Presidente de Honra da entidade. Como principais retos para a nova etapa, o presidente entrante apunta a preocupación polo estado económico da Fundación, e sinala que se inicia unha fase de transición co proceso de atualización dos estatutos. A maiores, o padroado acordou iniciar unha liña de traballo co obxectivo de recuperar o xardín e a contorna da Casa Grande de Cimedevila, para o que contará co apoio da Consellería de Cultura e da Dirección Xeral de Patrimonio Histórico. De xeito máis inmediato, en vindeiros días farase público o fallo do Premio Trasalba deste ano.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bacharelato, Dirección Xeral de Patrimonio, Consellería de Cultura, Trasalba...