A Fundación Penzol escolle a Manuel Puga como presidente

Substitúe a Alfonso Zulueta, que pasa a ser Presidente de Honra

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

O Padroado da Fundación Penzol escolleu a pasada semana un novo presidente. Manuel Puga, presidente da Academia de Farmacia será o novo responsable desta entidade. Puga substitúe neste posto a Alfonso Zulueta de Haz, que desde hai un tempo está incapacitado por motivos de saúde para desempeñar o seu labor. No mesmo encontro, acordouse o nomeamento de Zulueta como Presidente de Honra da entidade. Francisco Domínguez continuará, pola súa banda, como director da Fundación.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Penzol

Claves

Entidades