Xavier Martínez Cobas é o novo conselleiro delegado de Galaxia

Alfonso Zulueta de Haz asume a presidencia executiva da Fundación Penzol

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O profesor de Economía Aplicada da Universidade de Vigo Xavier Martínez Cobas é o novo conselleiro delegado de Editorial Galaxia e Merlín Comunicación. O anterior Conselleiro Delegado, Manuel Meixide, foi nomeado Vicepresidente Segundo das dúas empresas. A dirección das empresas continuará a ser desempeñada por Víctor F. Freixanes. Así o decidiu o grupo de empresas e fundacións, dentro dun "proceso de renovación e incorporación de novos conselleiros". Benxamín Casal será presidente de Galaxia e de Merlín Comunicación e Alfonso Zulueta de Haz asume a Presidencia Executiva da Fundación Penzol. Xaime Isla Couto foi nomeado "por razóns de recoñecemento e saúde", Presidente de Honra de Galaexia e Merlín Comunicación e Blanca Jiménez Alonso, viúva de Fermín Penzol, asume a Presidencia de Honra da Fundación Fermín Penzol.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Penzol, Xaime Isla Couto, Economía, Editorial Galaxia...