O Consello de Administración de Editorial Galaxia S.A. acordou nomear por unanimidade a Francisco Castro Veloso (Vigo 1966),novo director xeral da editora. Sucede neste posto a VÃctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951), quen continuará na empresa como conselleiro, director da revista GRIAL (compartida con Henrique Monteagudo) e presidente da Fundación Otero Pedrayo. Con este nomeamento a Editorial Galaxia pretende continuar co espÃrito co que naceu o proxecto en 1950 e, ao mesmo tempo, abrir unha etapa de renovación marcada polos novos tempos e desafÃos editoriais. VÃctor Fernández Freixanes accedeu á dirección xeral de Galaxia en 2002, cando o falecemento de Carlos Casares, anterior director xeral. Profesor Titular de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, escritor, novelista, académico de número na Real Academia Galega, foi anteriormente director xeral de Edicións Xerais de Galicia (1987), conselleiro delegado da mesma empresa ata 1998, director xeral de Edicións do Grupo Anaya e director xeral de Alianza Editorial.Francisco Castro Veloso, licenciado en FilosofÃa e escritor, entrou en Editorial Galaxia no ano 2008 como editor, responsable das estratexias de comunicación e creación de novos proxectos.