Quiosco: Grial número 224

Víctor Fernández Freixanes deixa a codirección da revista

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Grial número 224

O número 224 de Grial, a revista de pensamento e cultura editada por Galaxia, presenta un monográfico dedicado ao Pazo de Meirás, con textos de Emilio Grandío, Xosé Manuel Núñez Seixas, Manuel Pérez Lorenzo ou Fernando Souto entre outros. Asemade, tamén incorpora artigos como "Consumismo e capitalismo" de Manuel A. Fortes, "A Habana dos galegos", de Ramón Villares ou un texto de Xosé Ramón Barreiro sobre a "azarosa" vida de Ángel de la Riva. No editorial deste número, o anterior director da Editorial Galaxia e presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, anuncia que deixa a codirección da revista. Henrique Monteagudo si que continuará e incorporarase Francisco Castro, actual director da editorial Galaxia.

Que che parece esta nova?
73 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Víctor Fernández Freixanes, Editorial Galaxia, Xosé Ramón Barreiro...