Quiosco: O novo número de Grial analiza a figura de Ramón Piñeiro

Os traballos están coordinados por Henrique Monteagudo e Carlos Fernández

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:

Miguel Barros, Justo Beramendi, Víctor F. Freixanes, Damián Villalaín ou Ramón Torres Queiruga son algúns dos expertos que analizan ou valoran o papel de Piñeiro na construción e mantemento do galeguismo na posguerra e na transición, no número 181 da revista Grial, recén saída do prelo. Miguel Barros analiza a cuestión política en "Ramón Piñeiro e a revisión do nacionalismo" ou Carlos Fernández analiza o rol de activador cultural explicado "Na tradición galeguista. Espírito e cultura no pensamento de Ramón Piñeiro". Á súa vez, Víctor F. Freixanes analiza, con algúns dos fundadores da editorial Galaxia, cal foi a contribución de Ramón Piñeiro a construción do seu catálogo histórico.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Piñeiro, Grial, Carlos Fernández, Henrique Monteagudo...