Láncara acolle os actos oficiais de celebración do Día das Letras Galegas

Villares, Freixanes e Torres Queiruga intervirán no plenario extraordinario da Academia

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A tranquilidade de Láncara (Lugo) vaise ver alterada este sábado coa celebración do Día das Letras Galegas. Como é habitual cada 17 de maio, o plenario da Real Academia Galega trasládase á localidade de nacemento do homenaxeado para desenvolver unha sesión extraordinaria. O Láncara natal de Ramón Piñeiro acollerá un programa de actos que comezará ás 11:30 da mañá cunha recepción oficial na Casa do Concello. Seguirá o pleno no que falarán Ramón Villares, Víctor Freixanes e Andrés Torres Queiruga e rematará cunha ofrenda floral diante do busto de Ramón Piñeiro no lugar de Carracedo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Plenario, Ramón Piñeiro, Andrés Torres Queiruga...