O plenario extraordinario co que a Real Academia Galega pon o acto central da celebración do Día das Letras Galegas celebrarase na Aira dos Bolos en Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), vila natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). O sitio elixido pola institución está cargado de simbolismo na vida e na obra do autor homenaxeado, trátase do espazo onde se adoitaba xogar aos birlos, unha tradición que Delgado Gurriarán inmortalizou nas páxinas de Galicia infinda (1963), nos versos do poema titulado "Córgomo de Valdeorras", que dedicou, xa dende o exilio en México, aos seus veciños. A Aira dos Bolos ten ademais como pano de fondo a actual Casa do Pobo, no seu día a tenda da aldea, rexentada polo seu tío Manuel. A sesión extraordinaria e pública da RAG consistirá en tres alocucións sobre o poeta a cargo da académica Rosario Álvarez Blanco, presidenta do Consello da Cultura Galega, e dos académicos Ramón Villares e Xesús Alonso Montero. Pechará o pleno o presidente da RAG, Víctor F. Freixanes. As intervencións poderán seguirse en directo dende academia.gal.
Moi cerca de alí, no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras exhíbese estes días a exposición 'Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños' unha mostra itinerante producida pola Editorial Galaxia para a Consellería de Cultura sobre o protagonista do Día das Letras Galegas 2022. A exposición ofrece un percorrido pola vida e a obra do autor. Divídese en quince paneis e complétase cunha selección de obxectos persoais de Delgado Gurriarán, cedidos para a ocasión pola familia do poeta valdeorrés: cartas que intercambiou con persoeiros do seu tempo, como Castelao ou Otero Pedrayo; borradores de composicións poéticas e publicacións orixinais, entre outros. A proposta comeza a súa itinerancia no Barco de Valdeorras. Ourense e Santiago de Compostela serán as vindeiras localidades que a acollerán.
Ademais en Vilamartín de Valdeorras inaugurouse tamén a exposición itinerante 'Compromiso na distancia', que permanecerá aberta ao público ata o 29 de maio. Esta exposición que levará o legado de Florencio Delgado Gurriarán por 10 localidades galegas ata decembro consta de diferentes zonas explicativas nas que se fai un completo percorrido pola vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán, desde a súa infancia ata a súa madurez, incluíndo as súas experiencias en terras mexicanas e o regreso a Galicia coas primeiras publicacións.
O texto central e a documentación correu a cargo de Héctor Cajaraville con pezas baseadas no libro publicado por Xerais Florencio Delgado Gurriarán. Polos Vieiros da saudade. As fotografías pertencen ao arquivo familiar do autor, sendo fotos orixinais en branco e negro que foron modificadas con técnicas de coloración dixital.