O escritor e director xeral da Editorial Galaxia, Francisco Castro, ven de enviar hoxe mesmo unha carta de dimisión do cargo a todos os integrantes do Consello de Administración da empresa. O abandono destas funcións marca un novo episodio dunha polémica que sacude desde fai unha semana ao sector cultural, sobre todo ao literario, tras unhas declaracións do escritor Alberto Ramos nunha entrevista publicada no xornal Praza, nas que sinalaba a xestión que estaba a facer Castro da publicación dunha das súas obras e facÃa unha crÃtica xeral da súa xestión á fronte da citada editorial. Tras daquelas declaracións sucedéronse os cruces de respostas persoais e opinións, incluÃndo un comunicado desde a Asociación de Escritores AELG, sen que en ningún caso a propia editorial Galaxia emitise un comunicado ou resposta oficial. O órgano de goberno da empresa tiña prevista unha xuntanza o vindeiro venres, 22 de setembro para tratar a controvertida situación tras da entrevista de Alberto Ramos. Castro exerceu como director xeral da editorial desde 2016, cando entrou en substitución de VÃctor Fernández Freixanes.
Nun comunicado feito público por Francisco Castro a través das súas redes sociais, do mesmo xeito que as súas máis recentes resposta á polémica, o escritor comunica publicamente a súa decisión: "entendÃn que non podo continuar despois de que a empresa, a través do seu Presidente (Antón Vidal Andión) e Conselleiro Delegado (Xavier MartÃnez Cobas), se negasen reiteradamente durante os últimos dez dÃas a emitir un comunicado que desarmase as acusacións contra a Editorial publicadas no xornal Praza Pública no contexto dunha entrevista cun dos nosos autores". Ademais Castro asegura: "a miña conciencia impÃdeme representar nun cargo de alta dirección a unha empresa que, en múltiples ocasións, mais de xeito especialmente virulento nos últimos dÃas, afeou nos seus órganos de xestión aspectos vencellados coa miña faceta artÃstica, a miña vida persoal e as miñas actividades privadas, especialmente as que teñen que ver coa miña ideoloxÃa polÃtica publicamente recoñecida mesmo con anterioridade ao meu nomeamento como Director Xeral".