O pasado venres o consello de administración da editorial Galaxia nomeaaba a Xosé Manuel Soutullo como novo director xeral de Galaxia. Soutullo estivera ligado profesionalmente a Galaxia durante corenta anos en diferentes postos, como responsable de produción, coordinacion de equipos e na dirección de MerlÃn Comunicación, a sección de Galaxia encargada de produtos culturais non bibliográficos. Soutullo estaba xa xubilado e desempeñaba o cargo de director da Fundación Penzol. Formaba xa parte do Consello de Administración da editorial Galaxia desde xuño de 2022. AÃnda que nin editorial nin Xosé Manuel Soutullo achegaron moitos datos sobre a nova etapa da editorial, nunha entrevista concedida a La Voz de Galicia, o novo director puxo como horizonte a celebración, en 2025, do 75 aniversario da editorial Galaxia. "penso que ese ano ten que ser moi importante para reafirmarnos ante a sociedade galega, pero tamén será un escenario para facer fronte e presentar os novos proxectos que teñamos ante os desafÃos que afectan ao libro galego, como as novas tecnoloxÃas e as plataformas. Temos por diante un ano e pico para facer esa reflexión".