A editorial Galaxia inaugura a súa exposición conmemorativa polo seu 75 aniversario

Afundación Santiago de Compostela acolle "Crear porvir. Editorial Galaxia (1950-2025)" ata o 29 de marzo

| Santiago. Redacción | Seccións: HistoriaExposicións
Compartir:
A editorial Galaxia inaugura a súa exposición conmemorativa polo seu 75 aniversario

A editorial Galaxia inaugura hoxe pola tarde en Afundación Compostela a exposición Crear porvir. 75 aniversario da editorial Galaxia. A exposición traza a historia da editorial desde a súa fundación a partir dunha selección de materiais, publicacións e documentos representativos que tamén son, ao tempo, unha historia da cultura galega durante o franquismo e a democracia. A exposición pódese visitar ata o 29 de marzo de 2025.

Que che parece esta nova?
112 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editorial Galaxia, Afundación, Santiago de Compostela, Franquismo