Estréase o documental Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia

A proxección será este xoves 19 pola tarde en Santiago de Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Estréase o documental Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia

A editorial Galaxia é un dos proxectos culturais máis lonxevos deste país, pero tamén observa e reflexiona ao redor do futuro. Ese é o relato que narra o documental Crear Porvir. 75 anos de Editorial Galaxia, dirixido por Ana Viqueira e Diego Frey, no que se narran os fitos máis relevantes da historia da editorial desde a súa fundación en xullo de 1950, pero tamén se atende "ao futuro, o papel da cultura e edición no porvir de Galicia". O documental estréase na sala Numax de Santiago de Compostela hoxe xoves 19 ás 20 horas. A proxección é gratuíta pero recomendan reservar no web de Numax debido ao aforo limitado.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Documental, Editorial Galaxia, Santiago de Compostela, Numax

Claves

Conceptos