Quiosco: Grial 225-226

A Editorial Galaxia celebra o seu 70 aniversario

| Santiago. Redacción | Seccións: Quiosco
Compartir:
Quiosco: Grial 225-226

Foi unha iniciativa fundamental para a recuperación da cultura e lingua galegas despois do franquismo, e este 25 de xullo fixo 70 anos. A editorial Galaxia foi fundada en Santiago de Compostela na data do Día Nacional de Galicia, en 1950, por un grupo de intelectuais que buscaban recuperar a actividade pública da cultura galega trala catástrofe da Guerra civil. Agora, o número 225-226 da revista Grial define a Galaxia como un "proxecto estratéxico" e presenta un dossier asinado por Antón Vidal, Víctor F. Freixanes, Malores Villanueva e Dolores Vilavedra, entre outros contidos.

Que che parece esta nova?
80 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Grial, Editorial Galaxia, Dolores Vilavedra, Guerra Civil...