Galaxia reivindica os seus deseñadores na exposición Un país ilustrado

Inaugúrase hoxe no MARCO de Vigo e estará aberta ata o 17 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: ArteLiteraturaExposicións
Compartir:
Vista da sala da exposición

Vista da sala da exposición

O museo MARCO de Vigo acolle hoxe a inauguración da exposición Un país ilustrado. As cubertas de Galaxia, producida polo Museo coa colaboración da editorial e da Fundación Penzol. A exposición "pon o foco no protagonismo e relevancia dos deseñadores que traballaron na Editorial Galaxia ao longo dos seus 75 anos de historia". O propósito conséguese a traves dunha selección das cubertas de Galaxia, organizadas segundo criterios cronolóxicos e temáticos. A exposición, comisariada por Xurxo Martínez González, explica as motivacións dos fundadores da editorial Galaxia, "con especial atención á figura de Xaime Isla Couto, polo seu descoñecido papel no deseño de Galaxia". A exposición estará aberta ata o 17 de maio.

A distribución interna da mostra está organizada en catro etapas que corresponden os catro responsables de deseño que se foron sucedendo na dirección de arte da empresa: Xohán Ledo (1950 -1979), Francisco Mantecón (1979 -1985), Manuel Janeiro (1979 -2010) e Hayat Husein (de 2010 ata o presente). A exposición inclúe tamén unha área dedicada á literatura infantil, entre exposición e espazo experimental e remata cunha escolma de obras pictóricas que explican como frecuentemente en Galaxia escollíanse detalles de cadros para a ilustración de capas de libros e coleccións. O deseño expositivo é de Hayat Husein.

 

 

Que che parece esta nova?
320 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editorial Galaxia, Xurxo Martínez González, Xaime Isla Couto, Fundación Penzol...