
Reaccións
O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, expresou onte o seu pesar pola morte de Xaime Isla Couto, a quen definiu como "infatigable impulsor da construción cultural de Galicia" e trasladou aos familiares o pesar do pobo galego. Pola súa banda, o Consello da Cultura Galega expresou, a través do Presidente e da Comisión Executiva, o seu recoñecemento a Xaime Isla Couto, “figura sobranceira e dinamizadora do galeguismo polÃtico e cultural", e lamentou a súa morte. O CCG destacou tamén a contribución de Isla Couto "á normalización do idioma galego nos ámbitos económicos e tamén na igrexa, nomeadamente a través da Editorial SEPT e a súa tradución da Biblia ao galego".
Pola súa banda, a Real Academia Galega (RAG) expresou onte "a súa profunda dor polo pasamento de D. Xaime Illa Couto, patriota cristián, sabio e xeneroso". Xosé Luis Méndez FerrÃn destacou que "foi un exemplo de ética e compromiso". "Foi a persoa máis xenerosa que coñecÃn", sinalou o escritor e presidente da RAG.