Falece Cristina Novoa Pedreira, presidenta da Fundación Isla Couto

O enterro celebrarase esta tarde no cemiterio vigués de Pereiró

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Retrato de Cristina Nóvoa por Laxeiro.

Retrato de Cristina Nóvoa por Laxeiro.

Viúva de Xaime Isla Couto e presidenta da Fundación Isla Couto, Cristina Novoa Pedreira falecía onte no seu domicilio de Vigo. Nada en 1922 e licenciada en Filosofía e Letras, participou activamente no traballo administrativo dos primeiros anos da Editorial Galaxia e mais na fundación do seu home. O enterro terá lugar ás 17,30 no cemiterio de Pereiró e o funeral ás 19 horas na Igrexa dos Apóstolos na rúa Marqués de Valadares de Vigo.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Xaime Isla Couto, Filosofía e Letras, Editorial Galaxia

Claves

Protagonistas
Entidades
Lugares