Galaxia homenaxea cunha exposición ao seu histórico deseñador gráfico Xohán Ledo

Ledo ocupa a portada

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaExposicións
Compartir:
A exposición aberta no Museo Quiñones de León en Vigo fai un percorrido polo traballo do deseñador Xohán Ledo (Ferrol, 1917- Vigo, 2006) que durante tres décadas marcou a presenza gráfica dos libros da editorial Galaxia. A mostra organizada por esta editorial xunto coa Consellaría de Cultura foi inaugurada onte e permanecerá nas salas de exposición ata o 20 de xaneiro baixo o título “As caras do libro”. Ademais da parte dedicada ao deseño editorial o visitante pode contemplar un aspecto moi pouco coñecido do artista: a súa obra pictórica. Óleos e lenzos, deseños e apuntes gráficos que Xohán Ledo só expuso en dúas ocasións durante a súa longa vida. A homenaxe a Ricardo García Suárez, nome verdadeiro de Ledo, complétase cun ciclo de seis mesas redondas sobre o sector do libro con presenza de destacados axentes do sector.

Maís información en Galicia Hoxe no xornal El País e no sitio de Editorial Galaxia

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xohán Ledo, Editorial Galaxia, Vigo, Galicia Hoxe...