O traballo de Castelao no eido da pintura, a miúdo oculto tras a súa obra como escritor e debuxante está xa a disposición do público no volume "Castelao pintor" que acaba tirar do prelo a editorial Galaxia. Esta mesma editora presenta tamén nestas datas "Obra gráfica" un libro que recupera os case descoñecidos debuxos e ilustracións de Vicente Risco. Ao tempo, e segundo lembraba onte "La Voz de Galicia", o pasado martes presentáronse publicamente unha serie de cartas inéditas de Castelao, dirixidas na súa maior parte a Rodolfo Prada.
Máis información en Galicia Hoxe sobre o volume de Castelao; sobre a obra de Risco; o web de Galaxia; as cartas en La Voz de Galicia