Morre en Pontevedra Fernando Pérez, cofundador e presidente da Aula Castelao

Loito na aula

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Naceu en Sarria (Lugo) pero viviu a maior parte da súa vida en Pontevedra. Fernando Pérez, cofundador e actual presidente da Aula de Castelao, morreu onte na cidade do Lérez por mor dun infarto cando tiña 61 anos de idade. Era profesor de filosofía no IES Torrente Ballester e estivo desde moi novo ligado ao galeguismo e á esquerda. Está previsto que Fernando Pérez sexa enterrado hoxe na súa localidade natal.

Máis información en La Voz de Galicia, en El Correo Gallego e no web da Aula Castelao

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Pontevedra, Filosofía, El Correo Gallego...