Antonio Seijas faise coa segunda edición do Premio Castelao de Banda Deseñada

Seijas é Castelao

Logo de quedar finalista o ano pasado, desta volta o aresán Antonio Seijas gañou o Premio Castelao de Banda Deseñada, que convoca a Deputación da Coruña. O xurado deste galardón, no que participaban autores coma Miguelanxo Prado, David Rubín (gañador da anterior edición), Jorge Zentner ou Rubén Pellejero, valorou na obra "Un home feliz" “a súa calidade plástica e literaria,de gran forza lírica, na que destaca especialmente o traballo da cor”. Seijas levará os 6.050 euros de premio e verá a súa obra editada.

Máis información no web da Deputación; en La Voz de Galicia en Galicia Hoxe e na ficha do autor