O ourensán David RubÃn resultou o gañador do I Premio Castelao de BD coa obra “Onde ninguén pode chegar”. Este álbum de cincuenta e catro páxinas é, segundo o autor “unha historia de amor inconclusa contada en dous tempos” e supúxolle RubÃn facerse cos 6.050 euros do premio que convoca a Deputación da Coruña. O xurado, composto por Celestino Poza, Miguelanxo Prado, Carlos Jiménez e AgustÃn Fernández Paz destacaron tamén a obra “O que deixa un home morto”, de Antonio Seijas Cruz, que quedou finalista. Na vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico poderanse os orixinais da obra gañadora, que será editada meses, segundo recollen as propias bases do certame.
Máis información en Galicia Hoxe, La Opinión, en La Voz de Galicia e no blog Casa Atlántica; máis sobre David RubÃn na ficha do autor do noso catálogo e sobre Antonio Seijas na súa entrada