Logo de case un ano, por fin se coñece que firma se vai encargar de editar a obra gañadora do I Certame Castelao de BD. Edicións Lea publicará "Onde ninguén pode chegar", de David RubÃn a coincidir coa vindeira edición de Viñetas desde o Atlántico, segundo nos adiantou o propio autor. Canda a isto, RubÃn sinálanos que para o vindeiro mes de outubro está previsto o lanzamento da súa vindeira obra coa editora vasca Astiberri, A obra, que recolle diversas historias que teñe como escenario a tetarÃa do Oso Malayo, atrasa asà dous meses a súa data de saÃda ao tempo que incrementa o seu volume ata as dúascentas páxinas, das que o autor sinala que a metade son inéditas. RubÃn anuncia tamén que este verán iniciará a súa colaboración, no cuarto número da revista "Humo".
Máis información no web da Deputación; no web de Astiberri e nos nosos arquivos