Astiberri anuncia o lanzamento do primeiro álbum de David Rubín, “O circo do desalento”

O debut de Rubín

8/11/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A carreira do ourensán David Rubín continúa o seu despegamento. A editora vasca Astiberri acaba de anunciar a publicación de “O circo do desalento”, o que supón o primeiro álbum do autor galego. A publicación, que sairá en branco e negro e encadernada en rústica, constará con cento setenta e seis páxinas. A edición inclúe a historia coa que Rubín gañou o premio Castelao da Deputación da Coruña, que ve deste xeito a luz en castelán mesmo antes de saír en galego. Canda a ela, o volume recolle diferentes historias breves publicadas, entre outras, en publicacións coma “BD Banda”, “Barsowia ou “Tos”, cun total de case cen páxinas inéditas. A obra conta cun prólogo de Miguelanxo Prado e cun epílogo de Carlos Portela, e sairá á venda o vindeiro mes de decembro a un prezo de dezaseis euros.

Máis información en La Cárcel de Papel; a ficha de David Rubín

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con David Rubín, Astiberri, Carlos Portela, Castelao...