Historias de animais antropomorfos que se artellan arredor da tetarÃa do Oso Malayo conformarán o segundo álbum de David RubÃn. A editora vasca Astiberri presentará, se non hai novidade, este volume de cen páxinas en branco e negro para o vindeiro Viñetas desde o Atlántico. Canda as historias xa publicadas na revista "2 Veces Breve" ou a que gañou o último certame "Na Vangarda", irá un traballo inédito de 50 páxinas. O autor aclara que, a pesar de ter sido publicado como capÃtulos autoconclusivos, este proxecto xa desde os comezos estaba concibido como unha historia unitaria. "As diferentes partes conforman unha soa historia que se desenvolve durante varios meses", sinala o autor. Canda a isto, o autor ourensán entrará a participar na revista "Humo", da mesma editora, a partir do número catro, cunha serie de catro páxinas por entrega que quere converter nun álbum. Sen dar moitos detalles, RubÃn adianta que este proxecto abordará a transgresión dos mitos, "un tema que sempre me fascinou bastante e que xa tocara de cando en cando noutras historias".
Máis información no web de Astiberri e na fichade David RubÃn