David Rubín continúa a xira de presentación de "O circo do desalento" con actos en Ourense e en Vigo

Desalento en Ourense

8/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O café Auriense, sito como o seu nome indica na Cidade das Burgas, acolle o vindeiro sábado 11 de febreiro ás 18:30 horas a presentación de "O circo do desalento", o álbum de David Rubín editado recentemente por Astiberri. A presentación incluirá, ademais da sinatura de exemplares por parte do autor, a actuación do DJ Jaime Mateo. Rubín prevé continuar as presentacións desta obra cun novo acto na libraría BD de Vigo, que se celebrará ao vindeiro día catro de marzo.

Máis información en La Cárcel de Papel; cartel do evento; ficha do autor

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, David Rubín, Vigo, Culturagalega...

Claves

Protagonistas