David Rubín ultima edicións internacionais mentres Vieiros publica unha recensión de "Onde ninguén pode chegar"

Onde Rubín pode chegar

21/9/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
David Rubín está a se lanzar ao mercado internacional. Para novembro está prevista a publicación en Portugal, a cargo de Edições Polvo, de "Os deuses caídos", unha escolma de historias que inclúe "Onde ninguén pode chegar" e "A sombra xigante que me afoga", publicadas en castelán por Astiberri canda a outras dúas historias publicadas no fanzine "Barsowia". Coincidindo con esta edición, o autor visitará o Festival de BD de Amadora, en outubro. En novembro verá a luz a nova obra do autor na editora vasca Astiberri, e está en marcha a edición para Italia e Francia de "Onde ninguén pode chegar". Precisamente esta historia é a primeira recensión dunha banda deseñada que fai o Cartafol de Libros de Vieiros.

Máis información en Vieiros e na ficha do autor

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vieiros, David Rubín, Astiberri, Banda deseñada...