A obra "Aventuras de Cacauequi" válelle a Jacobo Fernández facerse co premio Castelao de BD

Castelao Fernández

3/8/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O vigués Jacobo Fernández, coñecido polas súas colaboracións en "Golfiño" ou "BD Banda", facíase onte coa terceira edición do premio Castelao de Banda Deseñada. O xurado do galardón que convoca a Deputación da Coruña decidiu darlle os 6.500 euros deste galardón á obra "Aventuras de Cacauequi (edición anotada)" deste autor. Unha mostra desta obra poderá verse na vindeira edición de Viñetas deste o Atlántico, neste mesmo mes de agosto. Ao tempo, confirmouse que Edicións Lea publicará a versión galega de "Un home feliz", de Antonio Seijas, que gañou a edición deste premio no pasado ano.

Máis información no web da Deputación da Coruña, entrevista ao autor en La Opinión, no blog de Jacobo Fernández e na ficha do autor

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Jacobo Fernández, Deputación da Coruña, Antonio Seijas...