Senllos estudos sobre o retorno dos emigrantes e os alumnos do rural fanse cos premios de ensaio Ramón Piñeiro e Vicente Risco

Ensaios e acertos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
"Psicopatoloxía do retorno", unha obra na que os psiquiatras Alexandre García-Caballero e Ramón Area analizan os problemas dos emigrantes galegos que voltan ao país foi recoñecida co premio Ramón Piñeiro de ensaio, dotado con 6.000 euros. Ao tempo, Santiago Prado Conde fíxose co XII Premio de Ciencias Sociais Vicente Risco, cunha obra na que analiza o alumnado con procedencia rural en Melide. A aposta foi destacada polo xurado como un traballo pioneiro na Antropoloxía da Educación no noso país.

Máis información en Galicia Hoxe e en La Región sobre o Ramón Piñeiro; en La Voz de Galicia sobre o Vicente Risco

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensaio, Vicente Risco, Ramón Piñeiro, Alexandre García-Caballero...