Erica Sarmiento faise co Premio Vicente Risco mentres México recoñece o traballo do antropólogo Santiago Genovés

Risco e Genovés

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Unha análise sobre a emigración galega en Rio de Janeiro valeulle á brasileira Erica Sarmiento o premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. O galardón, dotado con seis mil euros, inclúe a edición do traballo na editorial Sotelo Blanco. Por outra banda, o antropólogo ourensán Santiago Genovés foi galardoado por México coa Gran Cruz do Mérito Civil como "destacado representante do exilio español". Genovés ten realizado un intenso labor antropolóxico en campos coma o xénero, a especie e a raza.

Máis información en Galicia Hoxe sobre o premio Risco, sobre sobre o recoñecemento a Genovés

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vicente Risco, México, Xénero, Galicia Hoxe...