O Nadal e a mocidade son os ámbitos nos que se centran as dúas últimas campañas sobre normalización que xurdiron da Xunta. Dunha banda, a Dirección Xeral de PolÃtica LingüÃstica presentou esta fin de semana unha campaña que consiste na distribución en centros de ensino de 180.000 postais para felicitar o Nadal. As tarxetas, que tamén están dispoñibles en formato electrónico, teñen como imaxe os personaxes Os Bolechas, de Pepe Carreiro. Ao tempo, Vicepresidencia daba a coñecer, en colaboración coa Mesa, unha campaña dirixida á mocidade na que recupera a estética de Matrix e chama aos mozos e mozas a galeguizar a súa vida e a descubrir a súa identidade. Simultaneamente, coñeceuse que Xosé Manuel Sarille, histórico membro da Mesa, abandonou o seu posto na dirección deste organismo para cultivar a súa vocación literaria.
Máis información en Galicia Hoxe sobre os bolechas, sobre Matrix, sobre Sarille e en La Voz de Galicia; web coa postal dos Bolechas; web coa campaña Matrix