Presentan dous modelos de móbil con dicionario galego mentres Marisol López apunta a necesidade de aproveitar a reforma do Estatuto para a lingua

Galego móbil

13/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
O convenio que asinara a Dirección Xeral de Política Lingüística con Telefónica Móbiles deu esta fin de semana os seus primeiros froitos. Dous modelos de móbiles Grundig comercializados por esta compañía dispoñen xa dun dicionario con oito mil termos no noso idioma para o servizo de mensaxes de texto. Ao tempo, Marisol López, responsable Política Lingüística, anima nunha entrevista publicada hoxe a aproveitar a reforma do Estatuto para reforzar o galego, sen esquecer que o texto "debe recoñecer as dúas linguas oficiais".

Máis información sobre o móbiles en La Voz de Galicia e en Galicia Hoxe; entrevista a Marisol López en Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dicionario, Política Lingüística, Galicia Hoxe, Dirección Xeral de Política Lingüística...