Marisol López defende que o Estatuto debe contemplar o galego como un dereito e un deber

Os outros conflictos da lingua

19/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
“Un dereito e un deber”. Este é o estatus que a Secretaría Xeral de Política Lingüística, Marisol López, pretende para o galego no texto no novo Estatuto de Autonomía que se está a elaborar. Así o fixo público onte, como resposta ás críticas que lle dedicou o pasado sábado o voceiro do BNG no Congreso, Francisco Rodríguez na presentación da “Convención nacional pola lingua” que se celebra sábado en Santiago. Ademais, a secretaria aproveitou para anunciar que entre as medidas do Programa Operativo 2006 figura unha galeguización da administración así como a Comisión que reúna aos diferente departamentos implicados no proceso de normalización do idioma.

Máis información en Galicia Hoxe, La Voz de Galicia e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Rodríguez, Política Lingüística, Estatuto de Autonomía, Galicia Hoxe...