Preséntase a Fundación Vía Galego ao tempo que Política Lingüística inicia un proxecto piloto para a normalización entre os funcionarios

Vía libre e outros camiños

25/4/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Case catro anos despois da presentación do proxecto, hoxe ponse a andar a Fundación Vía Galego. Esta entidade, promovida desde a Mesa pola Normalización, pretende tender pontes para favorecer a circulación cultural entre países do ámbito lusófono así como potenciar a proxección exterior do galego, especialmente en territorios de fóra da Comunidade onde se fala o noso idioma. De xeito simultáneo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística presentaba onte un proxecto piloto para promover o noso idioma entre os funcionarios. A creación dun equipo de normalización na delegación de Presidencia en Ourense e a posta en marcha dun concurso de ideas entre os funcionarios son as primeiras medidas neste sentido.

Máis información sobre a Fundación Vía Galego en Galicia Hoxe, no web da Mesa, e nos nosos arquivos; sobre o programa de Normalización Lingüística en Galicia Hoxe e no web da Xunta

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Galicia Hoxe, Normalización Lingüística, Culturagalega...