A Secretaría Xeral de Política Lingüística descarta a vía xudicial para potenciar o topónimo galego da Coruña

Á Coruña sen xuízo

8/2/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Non haberá, polo momento, novas accións xudiciais contra o Concello da Coruña polo emprego do topónimo en castelán. Así o anunciou onte a secretaria xeral de Normalización Lingüística, Marisol López, no encontro que mantivo con representantes da Mesa pola Normalización. A secretaria anunciou pola contra a posta en marcha dunha campaña "informativa e social" a prol do emprego do topónimo. No encontro abordáronse ademais cuestións coma o galego no ensino ou a normalización nas empresas.

Máis información en Galicia Hoxe, en La Opinión e no web da Mesa

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Política Lingüística, Secretaría Xeral de Política Lingüística, Normalización Lingüística, Concello da Coruña...